RODRIGUEZ Marta Neira, ROIG RECHOU Blanca Ana, SOTO LOPEZ Mª Isabel - Camiño e peregrinacións na LIX.

Année de parution: 2020
Langue: Gallego Galego Galician gl

(ESP. Xerais. 2020) : "Compostela no horizonte ". étude (gl)

Mis à jour le samedi 28 novembre 2020
Répondre à cet article
  • Novembre 2020
    13:11
    RODRIGUEZ Marta Neira, ROIG RECHOU Blanca Ana, SOTO LOPEZ Mª Isabel - Camiño e peregrinacións na LIX.
    par Bernard Delhomme

    Os membros da Red Temática de Investigación « Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano » (LIJMI) reúnen neste volume, baixo o título « Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte) », unha serie de traballos centrados en como o Camiño e a peregrinación teñen presenza e influencia nas literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano. As achegas incluídas correspóndense con análises que parten de diferentes puntos de vista e espazos xeográficos ; porén, nelas destácanse obras infantís e xuvenís que se centran no Camiño a Compostela a partir das diferentes rutas que o compoñen. Amais das panorámicas dos diferentes ámbitos ibéricos e iberoamericanos, os profesionais da mediación e o público interesado poden atopar neste volume unha selección de obras que destacan pola súa calidade, alén de comentarios críticos dalgunhas delas co fin de facilitarlles o labor á hora de educar literariamente.