(ESP. Vigo, A Nosa Terra. 2010) : "O Codex Calixtinus en Galego".
 
Répondre à cet article

Messages

  • 7 avril 2010
    Bernard Delhomme

    O Códice Calixtino é unha das xoias da cultura galega. Conservado na Catedral de Santiago de Compostela, os seus contidos, atribuídos ao papa Calixto II, foron recopilados desde 1160. Nel se conservan textos litúrxicos, narración de miragres, descripcións dos camiños a Santiago e apoloxéticas do rei Carlomagano. Fundamental para a historia medieval de Galiza, esta edición é a primeira no que se presenta o Códice Calixtino traducido integramente á lingua galega por Xosé López Díaz.

    Até o de agora non fora posíbel a transcrición completa desta obra cualificada polo director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Ignacio Santos de “absolutamente universal e definitivamente galega”, “de referencia para entender o desenvolvemento e as orixes da cultura xacobea”.

    A tradución, con ilustracións de Francisco Leiro, farase pública a través de dúas edicións, unha para a súa venda en librarías, cunha tirada de mil exemplares, tapa dura e en branco e negro, e unha segunda de luxo, da que se distribuirán 500 exemplares.

    O Códice Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o da Catedral de Santiago, por aparecer nel Calixto II como autor e promotor. Está dividido en cinco libros e nunha serie de apéndices de extensión e contidos dedicados á exaltación do universo xacobeo.