MARCOS Primitivo - Aventura no Camiño de Santiago.

Année de parution: 2008
Langue: Gallego Galego Galician gl
(ESP. Lugo, Deputacion / Santiago de C, El Patito. 2008) : une famille sur le Camino de Santiago au Moyen Age.en gallego (également en castillan). bande dessinée (gl).
   
Mis à jour le dimanche 6 décembre 2009
Répondre à cet article
  • Décembre 2009
    12:29
    MARCOS Primitivo - Aventura no Camiño de Santiago.
    par Bernard Delhomme

    Presenta catro historias gráficas ambientadas no Camiño de Santiago.

    A primeira, O Cabaleiro sitúase no Cebreiro, no século XIII, onde o fillo dunha familia nobre que está a facer o camiño de Santiago nun carro afástase só e un grupo de foraxidos disponse a secuestralo para pedir un rescate. Libérao un misterioso cabaleiro, que foi atracador de peregrinos e agora arrepentido expía as súas culpas defendendo as xentes que fan o camiño.

    A Meniña localízase en Triacastela, onde a filla dos peregrinos descobre na noite a unha rapaza roubando os restos da comida na pousada para levarlle á nai, enferma e pobre, que ten o home traballando de albanel na construcción do convento de San Francisco en Compostela. Quen, finalmente, aparece e libra as rapazas dos enviados do pousadeiro, que as acusan de ladroas.

    A Familia trata dunha carreira deica Samos entre o home e a muller. Obstaculizada por un raposo e unha osa, acaba gañando a muller.

    Protagoniza A Doncela unha muller loba que os dous rapaces conseguen liberar do maleficio queimándolle a pel coa axuda dun criado que os salva do perigo que correron. Para seguir logo camiño a Sarria.

    A edición inclúe ademais das ilustracións en branco e negro, un limiar de Franciso Singul e unha escolma dos traballos preparatorios para a realización dos episodios. As tres primeiras foron publicadas orixinalmente pola Deputación Provincial de Lugo en cadernos nos anos 1996, 1997 e 1998.